serra da groba
SERRA DA GROBA
SENDEIRO GR58 DE
ABROLLIDO A BAIONA
DISTANCIA:
20 km. Aproximadamente
TEMPO:
Unhas 6 horas e media
DIFICULTADE:
Baixa
Esta
rota forma parte do SENDEIRO DAS GREAS (GR 58). O tramo que aquí describimos iníciase
no lugar de A GRANXA, o que se accede pola estrada que partindo de SABARÍS sube
en dirección a BELESAR.
Iniciamos
o percorrido en O LOMBO, ó lado do interesante lavadoiro público de A GRANXA.
Entre pistas e corredoiras, comenzamos o ascenso hacia A GROBA , primeiro por
camiños e sendas que serpentean entre bosques de piñeiros e logo por un antiquísimo
camino de carro empedrado, onde aínda se conservan gran cantidade de rodeiras
que son testemuña do intenso tránsito que noutros tempos debeu soportar esta
parte desta fermosa rota.
Mereceu
a pena contemplar as maravillosas vistas que se nos ofreceron sobre O VAL MIÑOR,
O ALOIA, O GALIÑEIRO, O MONTEFERRO, A RÍA DE VIGO, AS CIES e a
serra do Barbanza.
Chegamos
a área recreativa de O CORTELLIÑO, un pequeño parque con miradoiro,fonte e
refuxio para os cazadores. Aquí cruzamos a estrada por duas veces e meténdonos
campo á través ó carón dun incipiene regato, chegamos a una pista. Entre
camiños e pistas e pasando polo lugar de San Cosme chegamos a CHAN DA LAGOA,
onde dimos conta dos bocatas de turno, esta vez ben acompañados dunhas botellas
de BARRANTES e MENCIA.
A
partires de aquí, en suave descenso e por pistas chegamos as estribacións da
costa atlántica. Estamos no Facho. Por un sendeiro que faldea os pequenos cumes
de OUTEIRO DO HOME, chegamos a un miradoiro natural onde poidemos observar o
FARO SILLEIRO e as instalación dun gran hotel balneario. A senda pasou a ser
pista e cun descenso case en picado (40 m. de desnivel en só 230m) chegamos o
cruce de A PORTELA. Dende aquí iniciamos a ascensión a cabo Silleiro por un
sendeiro de ida e volta. De novo na Portela e
por camino de carro iniciamo-lo descenso hacia BAREDO, camiños de carro,
estreitos sendeiros e corredoiras rodeadas de vexetación baixa (toxos, xestas e
silvas).
Pasamos
por zona asfaltada pola igrexa de SANTA MARÍA e entre asfalto e sendas chegamos
a VIRXE DA ROCHA , despois de cruza-la autopista por un viaducto.
Unha
vez na VIRXE DA ROCHA , bordeamola e descendendo polo Via Crucis chegamos a
rotonda onde nos esperaba o autobús para deixa-las mochilas.
Buscamos
o restaurante AZAFRÁN e despois de
dar conta duns bruños e un arroz de bogavante regresamos aos nosos destinos.
















