salinas do ullo - poza da moura


A  "Ruta da Croa"discorre polas parroquias de Acuña e Larache no concello de Vilaboa, comenzando o seu trazado nas "Salinas do Ulló".

Comenzamos cun tranquilo paseo pola bancada das salinas, visitando Acuña e Larache, ofrecendo unhas fantásticas panorámicas das Illas Alvedosas, San Simón e a Ría de Vigo

 

Cruzamos Santa Cristina de Cobres para logo enlazar coa "Ruta dos muiños de Riomaior", non sin antes facer un pequeno receso para toma-la laranxa.

 

O sendeiro dos muiños de Riomaior atópase no límite das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres. Ao longo do sendeiro Visitanse 35 muiños que se sitúan esparcidos por amba-las duas beiras do río. Estes muiños abastécense polo sistema de canles, que aínda se conservan hoxe en día.

 

Unha vez rebasado o muiño 35, comenzamos unha subidiña por un bo camiño ata o povo de Sobreira e dende alí enlazamos  cunha ancha pista que en semisubida nos vai levar por debaixo das antenas  do monte Xaxán ó Concello de Moaña, na parroquia de Domaio con fermosas vistas de Vigo, Chapela, Redondela, Arcade.....e sobre todo do Val de Domaio.

 

E por fín chegamos ao punto estrela da ruta: "A poza da Moura", orgullo dos viciños de Domaio que hoxe nos mostraba toda a súa fermosura por ter moita auga. Aproveitamos para refrescar os pes, xa un pouquiño cansados, e continuamos en busca da desembocadura do Miñouva, trabucandonos un pouco, polo que algúns optaron por volver a  subir uns metros para pasar por debaixo da fervenza e contemplar toda a súa fermosura.

Os demáis continuamos ata a Igrexa de San Pedro onde remataba a ruta.

 

Dende aquií nos diriximos ao Restaurante Luis en San Adrián, onde demos conta dunha suculenta cea.


Distancia percorrida: 22 km

Tempo empregado: 6 horas 30 minutos