ruta do xabrina
ROTEIRO
ETNOGRÁFICO DO RÍO XABRIÑAS
DISTANCIA:
UNS 18 Km.
GRADO
DE DIFICULTADE: MODERADO
FINALIZA
NO PUNTO DE PARTIDA (CIRCULAR): SI
É
un roteiro promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños
e que vai buscando o nacedoiro do río Xabriña.
Comenzamos
na praciña de Portacortiñas, na parroquia de Paraños (concello de Covelo) a
poucos metros da N-120 e coincide aquí co vieiro da Franqueira.
Logo
de pasar polo cruceiro e a igrexa, imos xa cara ó río Xabriña ata acadar o
muiño de Fundego, cruzamos
a outra beira por una ponte de madeira e topámonos coa Fonte da Fame que verque
directamente ao río e cunha sucesión de muiños,(das Meledas, de Paquito, o de
Rita e o de o
Outeiro e na área
de lecer, o muiño da Ponte.
Camiñamos
agora a certa distancia do río e logo de deixar atrás una pontella, chegamos
ao Pozo do Demo, onde cae a auga logo de vir nun río encañonado, A vexetación
de ribeira segue sendo exultante.
Espéranos
a Ponte de Portaseixas e
despois unas poldras que se usaban para vadear o río Xabriñas. Ao chegar ao río
Azal, o seguimos e nos mergullamos na fraga das Millariñas e vendo una fervenza
segue outra fraga: a de Chouzas, a arboreda faise moi densa.
Pasamos
pola aldea de Prado da Canda co seu peto da Virxe do Rosario, seu cruceiro e
igrexa.
Aquí
facemos un deceso, para tomalo consiguiente bocata,
despois de contemplar a cuada da compañeira Chon. A vindeira aldea é
Corzos onde temos unha ermida e un peto pegado a ela.
Buscamos
outra vez a ribeira do Xabriñas e atopamos máis muiños e outra aldea Currelos
e logo xa saímos á Lamosa, onde nace o río, bordeamos o campo da festa
e emprendemos o regreso por camiños fondos, con moitos carballos nas súas
beiras, con muros de pedra para chegar unha vez máis ao río Xabriña que agora
percorremos pola outra marxe. Enfrente vemos a fraga de Chozas.
Para
rematar fixemos una pequeña degustación do bon xamón que hai na Cañiza.
fotos da ruta
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|