Ruta do Rio pequeno

 

 

DATA: 17 de Novembro de 2007.

Saída de Ourense ás 8 h. 30 min. e de Quiroga sobre as 9,15 aproximadamente.

Unha vez recorrido o tramo da estrada entre Quiroga e Seoane de Caurel, iniciamos a ruta por un antigo camiño que nos ía levar ata Mercurín, despois de pasar por un espeso souto de castiñeiros, que na sua parta baixa forma un dos tesouros máis espectaculares da naturaza chamándose Val das Mouras.

Unha vez en Mercurín seguimos ascendendo por un camiño que nos levou ata as proximidades do Castro de Brio, cunha vista impresionante do val do Río Pequeño.

Depois de repor forzas co bocata de turno e a empanada coa que tivo que cargar Moncho empezamos a baixar en dirección ó pobo de Paderne, nalgúns tramos cunha xiada impresionante.

Dende aquí ata o fin da ruta foi un continuo discurrir pola marxe esquerda do canle do Río ata o seu enlace co Río Lor entre soutos, carballeiras e bidueiros que xa ían perdendo a folla. Merecen especial mención as distintas construccións atopadas: sequieros, cortes, cabanas, etc.

Xa en Seoane e despois de tomar un pequeño refrigerio, algúns intrépidos volvéronse lanzar a aventura e fixeron un pequeño percorrido pola ruta que enlaza Seoane con Froxáns, pero por falta de tempo que non de forzas tiveron que abandonar e subirse o autobús en ruta.

En Folgoso disfrutamos como é costume dun bo caldo de repolo acompañado doutras viandas sen faltar a tarta de castañas e o licor de Serafín.