RUTA DE SAN XOAN DE RÍO

PERCORRIDO.                                                                      FOTOS DE LA RUTA

 

Saída dendo o Alto das Seixas para ascender ó punto máis alto do concello “O CERENGO”, dende onde se pode ver todo o val do Sil. Descendemos pola serra de As Cabanas ata “ Os Biocos”, antigas minas romanas que serviron para a extracción do preciado ouro do Sil. O camiño está en moi bo estado, incluso os sendeiros que permiten baixar ata o fondo do cráter. En tódolos biocos existen covas (Covas dos Mouros), sobre as que existen numerosas lendas. Di a tradición que cando a cova estaba en uso , un can entrou nela e o cabo duns días apareceu na parte lucense da serra, no povo de As Portas.

 

 

 

 

 

 

     Seguimos descendendo e cruzamos os soutos e o rio para poder alcanzar o Alto do Seixo coa súa fermosa vista dos caños do Navea e o Bibey, pasamos o povo de Baldonedo, hoxe xa abondonado, para adentrarnos na fraga de Río, cunha extensión que supera as 330 ha., chea de miradoiros naturais dende os que disfrutar da súa impresionante beleza: Os Sequeiros dos Ganadoiros, A fervenza da Renxelosa, A Pena do Chelo, etc. Seguindo o camiño atopamonos con castiñeiros centenarios, carballos, bidueiros, ameneiros, etc. Aínda que é o outono a estación de maior espectacularidade polo seu colorido, no inverno permítenos ver os bosques nevados. A fraga ten varias entradas, nós saímos na última, no Reboledo e cruzamo-la estrada para achegarnos a ponte romana de Ponte Navea.

 

 

 

 

GASTRONOMÍA.

 

Xa pola tardiña, como é costume no noso club, disfrutamos dunha boa merenda-cea con productos típicos do pais, no que non podían faltar as castañas, os chourizos e o xamón.

A sobremesa foi moi agradable con bó licor café e boas herbas amenizadas polas típicas cancións populares.

                                 

 

PAGINA PRINCIPAL