os prados de messe


O sábado 16 de Abril, fixemos una moi bonita ruta polo Parque Nacional da Serra do Gères, xuntámonos en Lobios frente O Lusitano donde pola tardiña poidemos disfrutar dunha suculenta merenda-cea. De alí cruzamos en coches a fronteira da Portela d´Home ata chegar a Portela do Leonte, onde nacen os ríos Gères e Leonte, afluentes do Cadavo e do Home, Iste lugar é punto de partida de diversas rutas, como poden ser o ascenso o Pè do Cabril e o Borrageiro.

Por unha senda de pendiente considerable chegamos aos Prados de Mourô, despois de refrescarnos un pouco, continuamos en dirección ao Borrageiro, punto máis alto do recorrido, anque non chegamos a pasar por él. As vistas son impresionantes da Serra de Santa Eufemia, O Pè do Cabril, etc.

Estamos na zona máis levadeira de ruta, xa que o terreo é chan, pero pronto teremos que inicia-lo descenso aos Prados de Conho, lugar moi axeitado para descansar e tomar o avituallamento de rigor, tamén aproveitamos para despedirnos dos nosos acompañantes holandeses que decidiron coller outro camiño distinto.

Continuamos o noso percorrido e pronto divisamos os Prados de Messe, alí, outro descansiño para coller forzas e subir outro repecho duro antes de comenzar a baixar. Aínda podemos divisar, antes da baixada, os Prados Coveiros a nosa dereita.

Comenzamos ao meu modo de ver a parte máis dificil da ruta que foi a baixada, moi longa e moi pendente, (a algúnha  xubilada costoulle algo máis da conta), ata chegar de novo a estrada. Alí os maís fortes (Antuxo, Fina e Moncho)  aínda tiveron que andar uns 3 Km para ir busca-los coches, os demáis fixemos un bo descanso.

Como é costume tomamos as correspondentes cañas de cervexa para prepararnos para o que logo nos esperaba quen non era nin máis nin menos que unha suculenta cea no Restaurante O Lusitano.

Distancia da ruta: 13 Km máis 3,5 de estrada

Duración: unhas 6 horas

Dificultade: dificililla