mougás - oia


Andaina Pozas de Mougás – Santa María de Oía

 

Comenzamo-la andaina en Mougás no núcleo urbá ata chegar a unha pista que nos ía levar as pozas

Son unha sucesión de pozas, producidas polo precipitado descenso dun regato, O Rego das Pías na súa confluencia co Río Mougás. Algunhas son de tamaño suficiente para acoller un bo número de bañistas, con auga permanentemente corriente que baixa da poza anterior a través da rocha.

Dende alí e por unha pista subimos ata o curro de Mougás e bordeando o rego das Pías e pasando polo nacemento do Mougás chegamos o punto máis alto da ruta, O Corrubelo, para logo iniciar a aventura da baixada ata Santa María de Oía

O número de cabalos e vacas que campan en liberdade por estes montes é elevado. Pero esta liberdade non quere dicir que non teñan dono. Todos teñen as marcas ao lume que os identifica cun dono. Ao chegar a primaveira, faise reconto, cómprase, véndese e cortanselle as crins aos poldros, operación coñecida como rapa das bestas.

En Oía poidemos  contemplar o Mosteiro Cisterciense mesmo ao pé do mar. Os monxes deste cenobio exereceron señorío sobre as terras e cultivaron a tradición de botar ao monte  os cabalos e as vacas para que se criaran en liberdade

Dificultade: baixa

Lonxitude. Uns 22 Km aproximadamente