encoro de guistolas


CIRCULAR NO ENCORO DE GUÍSTOLAS

 

Sábado 26 de Novembro

Comenzamos a ruta na estrada que vai de Ourense a Poboa de Trives a altura do miradoiro de Folenche para logo ascender por unha pista caseque asfaltada por follas de castiñeiros ata os Sequeiros, construcción tradicionais, onde os propietarios de soutos que vivían en zonas máis lonxanas podían secar as castañas e logo transportalas para as súas vivendas xa secas. Estes lugares convertíanse durante un mes ou dous no outono en lugares de troula e festexos dos mozos e as mozas.

Dende aquí ascendemos ata o pobo de Pena Folenche, subimos á pena e contemplamo-las enormes vistas para logo incorporarnos a Vía Nova a través dun fermoso bosque de avelairas. Neste traxecto tivemos algún que outro problema cos cazadores, que ademáis de confundirnos con seteros case nos acusan de serer nós quen lle espantamos aos xabarís. Como esto siga así non vamos nin poder camiñar libremente.

Unha vez na Vía Nova cruzamos o río pola ponte romana e pola marxe esquerda pasamos polos pobos de Gúistolas e Cerdeira de Abaixo (A Taberna) para volver a descender ata o encoró, seguimos pola súa marxe ata adentrarnos no concello de Queixa, aquí demos boa conta do bocata acompañado polas herbas de Susi e Gustavo, e por camiños e pista veciñais da parroquia de Cahveán chegamos a central hidroeléctrica de Caroceira (San Cistobo).

Cruzamos pola pasarela e por una senda de pesacadores, alcanzamos unha das pistas de Coba que nos levou ao campo e dende ali por una camino totalmente chan chegar a Pareisás e por medio dun camino empinado baixamos ata a presa de Guístolas, donde demos por rematada a andaina.

Entre a diversa vexetación que atopamos encontramos soutos de castiñairos, avelairas, e fragas de carballos e rebolos.

Pola tnoitiña demos boan con dunha merenda-cea no bar Corredoiro, onde a súa dona Carmiña e as súas fillas Mª Carme e Tere nos atenderon estupendamente, obsequiándonos con productos típicos da matanza, roxóns e filloas.

Distancia: uns 20 km aproximadamente

Dificultade: baixa

Tempo: aproximadamente unhas seis horas


Fraga de Folenche

Sequeiros de Folenche

Abandonando os sequeiros

Pena Folenche

Camiño de A Pena a Ponte Navea

Xa na Vian Nova

Ponte Romana sobre o Navea

Na Vía Nova, camiño de Guístolas

Un tentempie frente ó encoro

Chegando ao pobo de Guístolas

Camiño de Cerdeira

Fraga da Parroquia de Chaveán

Cola do encoro de Guístolas

Sendeiro de pescadores

Pareisás