costa de Bueu


Día : 27 de Marzo

Dificultade: Baixa

Distancia: uns 20 Km

Tempo estimado: 5 ou 6 horas

Ensenadas de Bon, Lagos e Udra
Ría de Aldán

Punta de Area de Bon, Oms e Onceta ao fondo
Ría de Aldán, coa punta de Vilariño

DESCRIPCIÓN DA RUTA


Discurre esta andaina maiormente polo concello morracense de Bueu. Iniciaremo-la ruta na estrada PO-320, na entrada da localidade de Bueu, despois de pasar o alto da Portela.

O primeiro tramo será a ascensión do río do Frade que discurre polas localidades de Meiro ata Hermelo, onde poderemos contemplar unha serei de muiños recuperados pola Asociación Cultural Meiro:

Hai xa unha década que a moa do muíño botou a andar de novo na aldea. A través desta xanela, a Asociación Cultural Meiro convídate a coñecer a labor desenvolvida nestes anos en prol do patrimonio cultural, etnográfico, medioambiental e gastronómico. Unha tarefa que xira arredor do Rexurdir do Millo Corvo.
Lembrando e valorando o bo facer dos nosos antergos traballamos no presente mirando cara o futuro, ensinándolles aos nenos o valor da biodiversidade e convidándoos a participar dos sucesivos procesos do cultivo da espiga moura, empregando os apeiros dos nosos antergos no que podería considerarse un museo interactivo vencellado o que se deu en chamar artesanía agroalimentaria.
Sen esquecernos das nosas raíces, tendo sempre presente que 'para colleitar soños hai que sementar realidades'.(www.meirocorvo.org).

Unha vez pasado Meiro continuamos polo leito do río ata Santiago de Hermelo(sendeiro dificultoso) para continuar logo polo roteiro ecolóxico do Morrazo ata a ermida de San Cosme no alto da Portela onde cruzaremo-la estrada PO-320 e bordeando o Polígono Industrial de Castiñeiras. (Se vamos ben de tempo podemos ascender o alto de Liboreiro). Aquí abandonaremolo o GR para por un camiño case paralelo  a vía de alta capacidade do Morrazo chegar aos lugares de Cangas: Gandón de Abaixo e logo despois ce cruzar a estrada C-550, Menduiña, onde volveremos colle-lo retorno do roteiro que nos encamiñará, xa bordeando a costa da Ría de Aldán, aos areales de Bon, Lagos e ao espacio natural de Cabo Udra. Rodearemos Udra e logo xa na Ría de Pontevedra continuaremos polas praias de A Mourisca, e Tulla ata rematar na praia de Beluso.

Dende o Hermelo poderemos, se o día está claro, observar ata tres rías(Vigo, Pontevedra e Arousa), e dende Udra fermosas vistas de Oms e da outra beira da Ría de Pontevedra (Portonovo, San Xenxo...)


 

 

 

 

 

 

Río do Frade

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Muiño no Río do Frade

*********** recorrido