belesar
Iniciamos a temporada 2011 cunha bonita andaina pola ribeira do Miño nas terras de Chantada e do Saviñao.
Saímos de Ourense en coches particulares en dirección a Líncora no concello de Chantada para recorrer uns 16 km cunha dificultada baixa, exceptuando algúns repechos e algunhas saídas da ruta oficial.
Empezamos cun descenso suave primeiro por un sendeiro e logo por pistas que ían surcando as viñas hacia a ladeira do Miño, pasamos polo pobo de Sequeiros, que debe o seu nome por o ser o lugar mais soleado onde se secaban antiguamente as castañas. Foi moi interesante observar os sucalcos das viñas e os continuos labores de poda que estaban realizando os viciños da zona.
Aproximámonos A Belesar e despois de cruza-lo río comenzamos unha forte subida polo camiño romano hacia Diomondi, parte máis dura da ruta, pero tamén a maís atractiva e bonita.
Chegamos a Diomondi e no adro da igrexa de San Paio, repoñemos forzas. Antucho levaba moito peso e había que descargalo un pouco. San Paio é un antigo mosteiro benedictino.
Facía un frío que pelaba e había que salir de alí e por pistas moi cómodas empèzamos a baixar hacia Belesar. Como non estabamos moi cansados dispuxemonos a unha pequena aventura sen maiores incidencias, anque o pior parado foi o guía.
De novo en Belesar, tomamos un refrigerio no bar do embarcadoriro e iniciamo-la subida hacia Líncora, por unha senda moi bonita e logo por estrada.
Visitamos as bodegas VIA ROMANA , cunha interesante exposición e regresamos a Barrela onde nos esperaban uns callos e un cabrito delicioso.













