Valle do Silencio.

 

DESCRIPCIÓN DA RUTA

                                                                                                                                 FOTOS DA RUTA

 

 

 Situado na comarca berciana moi preto de Ponferrada.

Saída de fin de semana con hospedaxe en Molina Seca, onde coincidimos coa semana gastronómica.

O sábado iniciamo-la ruta, a subida en coche ata Penalba de Santiago xa prometía polo seu colorido, invitando a tranquilidade e quietude.

En Penalba de Santiago (povo totalmente restaurado) comenzamos a camiñar, primeiro visitando a Cova de San Genadio e logo a ruta hacia Montes de Valdueza. Despois dunha progresiva subida ata Chano Collado e dunha resbaladiza baixada ata Montes de Valdueza, repuxemos as forzas que nos ian escaseando co bocata de turno.

Seguimos baixando ata Herrería de Montes, onde parte do grupo decidiu remata-la camiñata e esperar polo resto do grupo. O resto do grupo comenzou un forte ascenso ata Os Corrales de San Mateo e posteriormente ata Penalba de Santiago.

De volta a Mollina Seca, disfrutamos dun magosto popular con castañas bercianas, chourizo e viño. Algún que outro botou un pequeño baile.

Moi divertidas foron os recorridos polas tabernas de Molina Seca.

Logo cea no restaurante do hotel con disfrute dos productos típicos.

O domingo pola mañan unha curta ruta pero moi bonita, sobre todo as pontes.

Xa de volta, iniciamo-la marcha en coche ata as cercanías de Astorga, onde disfrutamos do gran cocido maragato.

O máis favorecido nesta ruta foi Román, xa que o  seu gran

amigo Avelino o obsequiou cunha ducia  de ovos e unhas latas de tomates

 

 

 

Os CEMPÉS